Consiste nun pano de cor azul celeste no que aparecen representados unha aguia esteparia, o sol (ouro) con 32 raios no centro e un estampado dourado próximo ao bordo máis próximo ao mastro.
O estampado representa á arte e as tradicións culturais do pobo kazako. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude aos diversos pobos túrquicos que conforman a poboación actual do país (que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur). Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ao deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo.
A aguia dourada é un símbolo asociado co imperio de Xenxis Khan que dominou Kazakhstán baixo un estandarte de cor azul cunha figura semellante a unha aguia.