A bandeira das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur é un dos símbolos oficiais das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur, un dos Territorios Británicos de Ultramar. Foi concedida o 3 de outubro de 1985, cando se crea o Territorio. Anteriormente o Territorio formaba parte das antigas Dependencias das Illas Malvinas e usaba a mesma bandeira que as Illas Malvinas.