Bandeira da República dos Inguxos |
---|
|
Características |
---|
Proporción | 2:3 |
---|
Adopción | 1994[1][2] |
---|
Cores | Verde Branco Vermello |
---|
|
A bandeira da República dos Inguxos (en inguxo: ГӀалгӀайчен Байракх), é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa, e foi adoptado en 1994. Mostra un tríscele vermello nun fondo branco, con raias horizontais verdes estreitas por riba e abaixo.
Simbolismo
Na relixión e na filosofía do pobo inguxo, o emblema solar (no centro da bandeira) representa non só o Sol e o universo senón tamén a conciencia da unidade do espírito no pasado, presente e futuro. O vermello lembra a loita do pobo inguxo pola súa existencia e pola defensa da súa terra natal. O branco simboliza a pureza divina dos pensamentos e puntos de vista da nación. O verde é o símbolo do islam.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas