Banda de Gaitas Municipal de Carballo |
---|
Orixe | Carballo, |
---|
Período | 1999 - Actualidade |
---|
A Banda de Gaitas Municipal de Carballo é unha banda de gaitas do Concello de Carballo, Galiza.
Os inicios da agrupación remóntanse ao ano 1998, cando un reducido número de alumnos do CMUS de Carballo empezan a reunirse baixo a batuta de Raquel Pato Lorenzo, profesora na devandita institución.
Non obstante, os inicios formais e oficiais da Banda de Gaitas datan do ano 1999, grazas a Mario Seoane Blanco, profesor de gaita galega no Conservatorio de Carballo.
Dende 2002 é coordinada e dirixida polo malpicán Jesús Moreira Castro.
A agrupación está formada por máis de vinte integrantes.[1][2][3]
Notas