De pai galego, naceu en Estremadura pero estudou bacharelato en Toledo e Náutica na Coruña, na especialidade de máquinas. Ao rematar a carreira, comezou a traballar como xefe de máquinas nalgúns dos buques pesqueiros de Pescanova. A principios dos setenta comeza a facer investimentos no sector inmobiliario, e en 1974 funda Remolcanosa, a primeira empresa do sector en Galiza e en España.
Empresario navieiro
A primeira expansión da empresa foi a compra da portuguesa Tinita, que transforma en Remolcanosa Portugal. En 1997 adquire a empresa pública española Elcano, a maior navieira do estado naquel momento, dedicada fundamentalmente ao transporte de petróleo e derivados a granel. Múdalle o nome á empresa e chámaa Empresa Naviera Elcano, que integra no grupo empresarial Nosa Terra. Posteriormente merca a brasileira Docenave, que pasa a chamarse Elcano Brasil (2001), e crea Elcano Argentina.
En 1997 entra no negocio da sanidade coa compra da clínica viguesa Povisa, o maior hospital privado do estado. En 2002 merca tamén o sanatorio compostelán Nuestra Señora de la Esperanza.
É vicepresidente da cámara de comercio de Vigo e vicepresidente da aseguradora Aegón España.