Baldomero Nache Cobos, finado na Coruña o 15 de maio de 1898, foi un xornalista galego.
Traxectoria
En 1877 foi elixido vogal da sociedade Reunión de obreros da Coruña[1] e foi membro da Junta de Defensa de Galicia (1893). Foi redactor de La Lira e dirixiu El Duende. Finou na Coruña o 15 de maio de 1898.[2][3] A súa viúva, Josefa Naya, seguiu rexentando o establecemento tipográfico La Gutemberg na Coruña.[4]
Vida persoal
Casou con Josefa Naya Vila e foi pai de Baldomero, Lina e María Nache Naya.[5][6][7]
Notas
- ↑ El Diario de Santiago, 16-1-1877, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 16-5-1898, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-5-1901, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 16-3-1904.
- ↑ El Diario de Galicia, 27-5-1896, p. 2.
- ↑ Revista Gallega, 21-2-1897, p. 6.
- ↑ El Noroeste, 2-8-1915, p. 2.