Na Igrexa de San Pedro de Bordóns (Sanxenxo) consérvanse dúas pezas colocadas sobre o muro da entrada ó cemiterio. Proceden dun baldaquino esquinado que acollía o osario [1], no adro da igrexa.
As escenas representadas son as seguintes:
O enterro de Cristo, que aparece tendido sobre o arco, ó que supera. Dous bos homes sosteñen o sudario mentres que un terceiro, san Xoán, lle colle a man esquerda. Detrás aparece a Virxe chorando.
Martirio de san Sebastián, asaeteado por dous saións sobre fondo de seis frechas en forma de auréola.
Notas
↑No Museo de Pontevedra consérvase unha fotografía do osario, datada ó redor de 1890.