Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay|
Nacemento | século XX |
---|
Morte | 20 de novembro de 2023 |
---|
|
Ocupación | ecoloxista |
---|
Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay é unha líder e ecoloxista Lumad. É a primeira e única xefa na historia do pobo Manobo.[1] É defensora dos dereitos dos pobos indíxenas e foi defensora das terras ancestrais Manobo e da cordilleira do Pantaron desde 1994. A cordilleira do Pandaron alberga un dos bosques virxes máis grandes que quedan en Filipinas.[2] A cordilleira tamén fornece a auga dos principais ríos de Mindanao, incluíndo o río Mindanao, o río Pulangi, o río Davao , o río Tagoloan, e os principais afluentes do río Agusan.[3] Bigkay recibe o Bai honorífico que está reservado para as mulleres de estado de Mindanao e Bibyaon é o título de Bigkay como xefa da súa tribo.[4]
Estivo entre os dirixentes que se opuxeron ás operacións de corta masiva que destruirían as terras ancestrais Manobo en Talaingod, Davao do Norte.[1]
Bigkay recibiu o Gawad Tandang Sora da Universidade de Filipinas en 2017 polo seu liderado na loita dos pobos indíxenas polos dereitos humanos e dignidade.[5] Foi aclamada como a "Tandang Sora do campo… a Nai dos Lumads que inspira a revolución do pobo filipino pola autodeterminación nacional e a liberdade."[1]
Tamén foi recoñecida como a gañadora máis distinguida do 5.º Gawad Bayani ng Kalikasan (Premio ó Heroe do medioambiente) en 2018.[3]
Notas