Localízase nas abas dos Cárpatos, na ribeira do río Bistrita. O Paso de Ghimesh une Bacău con Transilvania. A cidade cobre unha superficie de 41 km² na que viven 210.469 habitantes. É un centro industrial e preto da cidade está instalada unha refinaría de petróleo.