Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Baba Vida (en búlgaro: Баба Вида) é un castelomedieval da cidade de Vidin, no noroeste de Bulgaria e o principal punto de referencia da cidade. Consta de dous muros cortina concéntricos e unhas nove torres das cales tres se conservan ata toda a súa altura medieval, incluídas as ameas orixinais, e é o único castelo medieval totalmente conservado do país. Baba Vida está a 39 metros sobre o nivel do mar.[1]
Historia
A construción do castelo comezou no século X no lugar do antigo castelo Bononia romano. O edificio de Baba Vida está ligado a unha lenda, segundo a cal un rei búlgaro danubio que gobernou en Vidin tivo tres fillas: Vida, Kula e Gamza. Antes da súa morte, dividiu o seu reino entre as tres. Vida, a maior, recibiu Vidin e as terras do norte ata os Cárpatos, Kula recibiu Zaječar e o val de Timok, e Gamza gobernaría as terras ao oeste ata o río Morava. Aínda que Gamza e Kula casaron con nobres, Vida permaneceu solteira e construíu o castelo na súa cidade. O nome do castelo significa "Avoa Vida".[2]