BM Ciudad Encantada

Cuenca 2016
Nome do club Balonmano Ciudad Encantada
Fundado 1989
Pavillón Pavillón Municipal El Sargal,
Cuenca
Capacidade 1 900
Presidente España Evaristo Cañas Orozco
Adestrador España "Zupo" Equisoain
Liga Liga ASOBAL
2009-10 10º (Liga ASOBAL)
Equipamentos


Local


Visitante

O Balonmano Ciudad Encantada ou Cuenca 2016 é un equipo de balonmán da cidade de Cuenca, Castela-A Mancha (España) que actualmente compite na Liga ASOBAL.

Historia

Na tempada 1989-90 chegou a Cuenca, coa denominación de Madrid-Cuenca, a máxima categoría do balonmán español. O debut ligueiro foi no Pavillón Municipal El Sargal cunha derrota. Na tempada seguinte, co nome de Sociedad Conquense, conseguiu o ascenso ao vencer nunha eliminatoria a dobre partido ao equipo de Ciudad Real.

O equipo seguiu co nome de Sociedad Conquense ata a tempada 1993-94, na que a liga se disputou en dous grupos de oito equipos cada un. Os catro primeiros clasificados de cada grupo xogábanse o título nunha segunda fase, e os catro últimos de cada grupo loitaban por evitar o descenso. O equipo conquense non se clasificou entre os oito primeiros na primeira fase, mais logrou o segundo posto na liguiña de equipos que loitaban por non perder a categoría, conseguindo así a súa mellor clasificación na máxima categoría.

Na tempada 1994-95 o club pasou a denominarse Balonmano Conquense e, na seguinte tempada, a 1995-96, logo de lograr a permanencia tras unha eliminatoria disputada co Barakaldo ao mellor de cinco partidos, perdeu a categoría por problemas económicos, polo que xogou a tempada seguinte na División de Honra "B".

Na tempada 1997-98 o club pasou a denominarse C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.

O equipo continuou na División de Honra “B” ata a tempada 1999-00, na que descendeu a Primeira División Estatal.

Na primeira tempada en Primeira, a 2000-01, o equipo quedou encadrado no grupo catalán e conseguiu manter a categoría con bastante esforzo e cun cadro de xogadores procedente fundamentalmente da canteira.

Dende a tempada 2005-06 o equipo competiu na División de Honra “B”, comezando unha nova etapa do balonmán en Cuenca.

Na tempada 2007-08 conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL.

Denominacións

  • 1989-90: Madrid-Cuenca.
  • 1990-94: Sociedad Conquense.
  • 1994-97: Balonmano Conquense.
  • 1997- actualidade: C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.

Equipo 2010-2011

 

Véxase tamén

Ligazóns externas