O Krepšinio Klubas Šiauliai (en galego: Club de Baloncesto Šiauliai) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Šiauliai, Lituania. O club compite na LKL e na BBL. Foi o terceiro mellor equipo da LKL durante seis tempadas consecutivas por detrás dos dous xigantes do baloncesto lituano, o Lietuvos Rytas e o Žalgiris Kaunas. Nas temporadas 2013-14 e 2014-15 foi o campión da Baltic Basketball League.
Historia
O club foi fundado e 22 de marzo de 1994. Durante máis de oito anos o seu adestrador principal foi Antanas Sireika. Donatas Slanina e Mindaugas Žukauskas comezaron as súas carreiras neste club. Os seus logros máis importantes na LKL foron a terceira posición nos anos 2000, 2001, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009.
Véxase tamén
Ligazóns externas