Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Bóveda.
San Martiño de Bóveda é unha parroquia do concello de Bóveda, formada por un único lugar co mesmo nome. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 352 habitantes (181 homes e 171 mulleres), concentrados na única entidade do mesmo nome, Bóveda, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Limita coas parroquias de Teilán, Rubián e Tuimil ao norte, Ver ao sur, Guntín ao leste, e Martín ao oeste.
Este lugar é onde se atopa a capital do concello.[2]
Patrimonio
- A igrexa parroquial de Bóveda foi construída no segundo terzo do século XX. Ten planta rectangular con tellado de lousa a dúas augas. A igrexa orixinal atopábase o pé do cemiterio, a carón do Pazo de Bóveda, pero derrubouse e os seus materiais aproveitáronse para ampliar o mesmo, reutilizándose para a igrexa actual a espadana e outros elementos graníticos.
- Pazo de Bóveda. Edificio de planta rectangular do ano 1769, e a Casa de Fernández, que conserva na súa fachada un escudo de granito pertencente a un antigo Pazo dos Marqueses de Vilaverde de Limia.
- Muíño de Xil.
- Capela de San Xil. O 1 de setembro celébranse as festas na honra do santo.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Bóveda
Parroquias de Bóveda
Véxase tamén
Outros artigos