A Axencia Europea dos Camiños de Ferro ou Axencia Ferroviaria da Unión Europea (en inglés: European Union Agency for Railways, antes Axencia Ferroviaria Europea, European Railways Agency, ERA[1]), é a axencia da Unión Europea (UE) que establece os requisitos obrigatorios para os ferrocarrís e os fabricantes de ferrocarrís europeos en forma de Especificacións Técnicas de Interoperabilidade (ETI) (en inglés: Technical Specifications for Interoperability, TSI[2]), que se aplican á Rede Ferroviaria Transeuropea. A Axencia publica un documento que resume o estado das ETI. A Axencia establece obxectivos de seguridade comúns, métodos de seguridade comúns e indicadores de seguridade comúns de acordo coa Directiva 2004/49/CE[3] e as súas modificacións. A Axencia tamén alberga unha serie de bases de datos, incluíndo un rexistro das restantes normas nacionais aplicables. A súa misión é contribuír ao pleno funcionamento dun espazo ferroviario único europeo, sen fronteiras[4] [5] [6].
Historia
A Axencia foi creada en 2004 e comezou as súas operacións en 2006 como Axencia Ferroviaria Europea (ERA). Cambiou o seu nome en 2016, pasando a ser a Axencia Ferroviaria da Unión Europea[7] [8].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Como funciona a Unión Europea - Guía das institucións da Unión Europea" - Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas, 2008, páxina 44. ISBN 9789279036645
Ligazóns externas