Avatar: Frontiers of Pandora é un videoxogo de acción en mundo aberto baseado na serie de filmes de Avatar.[1] O xogo foi desenvolvido por Massive Entertainment e publicado por Ubisoft para PlayStation 5, Windows, Xbox Series X/S e Amazon Luna o 7 de decembro de 2023.[2]
Sinopse
Xogado nunha perspectiva en primeira persoa, os xogadores toman o control dun orfo Na'vi criado e adestrado como soldado pola RDA, antes de ser posto en animación suspendida e espertar quince anos despois nunha instalación abandonada. O xogador debe emprender unha viaxe a través da Fronteira Occidental, unha rexión nunca antes vista de Pandora, descubrindo as súas orixes e organizando as tribos Na'vi locais para loitar contra a RDA que intentan explotar os recursos naturais da Fronteira Occidental.[1] A historia do xogo está parcialmente ligada aos filmes, aínda que é independente.[3]
O xogo tamén admite o modo multixogador cooperativo de 2 xogadores.[3]
Notas
- ↑ O traballo adicional foi proporcionado por Ubisoft Shanghai, Ubisoft Toronto, Ubisoft Montpellier, Ubisoft Kyiv, Ubisoft Reflections, Ubisoft Leamington e Ubisoft Düsseldorf
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos