O Autódromo Internacional de Termas de Río Hondo é un autódromo localizado nas aforas da cidade de Termas de Río Hondo e á beira do Encoro de Termas de Río Hondo na Provincia de Santiago del Estero, Arxentina.
O circuíto comezouse a construír no 2007 e rematouse en maio do 2008. A construción foi executada polo goberno da provincia e valeu sobre 144 millóns de pesos arxentinos. Este autódromo recibe cada ano, as mellores competicións do país: o Turismo Carretera, o TC2000 e a Top Race.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas