Un automóbil de turismo, tamén coñecido simplemente como turismo ou automóbil, é o tipo de automóbil destinado ao transporte de persoas, con polo menos catro rodas[1] e un máximo de nove prazas incluído o condutor.
Outros termos para referirse a un automóbil de turismo son coche ou simplemente auto.
O termo "automóbil de turismo" contrasta co de vehículo mixto en que este último se refire aos vehículos destinados ao transporte de persoas e mercancías, de forma simultánea ou non. Dentro deste grupo englóbanse vehículos como camionetas, furgonetas, pickups ou monovolumes.
Así mesmo, un autocar, aínda que tamén está destinado ao transporte de persoas, dispón de gran capacidade de prazas. O termo "autobús" pode utilizarse para referirse a un autocar ou para referirse a un automóbil de servizo público que realiza un itinerario regularmente.