Aurelio Souto Blanco

Modelo:BiografíaAurelio Souto Blanco
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Mos, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Tameiga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego, político Editar o valor en Wikidata

Aurelio Souto Blanco, coñecido como Aurelio de Pantaño, nado en Guizán (Mos) cara a 1903 e finado en Tameiga o 12 de xullo de 1937, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria

Homenaxe ás vítimas da represión en Mos.

Vecino de Louredo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 2 de novembro xunto con Ángel Matilde Migueles, Plácido Blanco Pérez e José Ricón Fernández.[1] Foi asasinado en Tameiga o 12 de xullo de 1937, o seu cadáver apareceu na marxe esquerda da estrada de Redondela a Porriño. Foi soterrado na fosa de Mos.[2]

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 4-11-1936, p. 3.
  2. Fosa de Mos

Véxase tamén

Ligazóns externas