Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Coruña.
Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora Aguas de La Coruña S.A. fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros[3].
A auga que fornece EMALCSA provén do encoro de Cecebre e potabilízase no lugar da Telva (Cambre). O ciclo da auga remata na EDAR de Bens. En 2013 a compañía vendeu o 31 % da EDAR de Bens, da que posuía o 100 % do capital, aos concellos de Oleiros (8 %), Culleredo (8 %), Arteixo (8 %) e Cambre (7 %).
A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.
A empresa ten depósitos de auga nos barrios de Eirís, Monte Alto, Penamoa, O Ventorrillo e Almeiras (Culleredo).
Galería de imaxes
-
Traída de augas de Cañás, Carral.
-
Depósito de auga de EMALCSA en Almeiras, Culleredo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas