Associação Impulsora Casa da Lusofonia

Associação Impulsora Casa da Lusofonia
Logo
Tipoasociación
Data de fundación2021
SedeOurense
PaísGalicia
Na rede
https://impulsoracasalusofonia.es/pt/home-portugues/
editar datos en Wikidata ]


A Associação Impulsora da Casa da Lusofonia é unha asociación xurdida no ano 2021 co obxectivo fundamental de recoller os impulsos necesarios para acadar o consenso político, económico e social para a constitución con sede en Ourense da "Casa da Lusofonia" dentro da rede de casas que mantén o Ministerio de Asuntos Exteriores.

Historia

Antecedentes

Reunión da directiva da Impulsora con Manuel Baltar, Presidente da deputación de Ourense en marzo de 2021.[1]

A Impulsora canaliza e impulsa á sociedade civil para recoller unha vella demanda existente na sociedade galega, principalmente, mais tamén no conxunto do Reino da España. Así temos as diferentes declaracións que neste senso foron aparecendo nos últimos anos, sobre todo desde a aprobación por unanimidade da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida como lei "Paz Andrade". Un dos impulsores daquela iniciativa lexislativa popular que remataría sendo aprobada no Parlamento de Galicia foi o Xosé Carlos Morell[2][3][4], que defendeu no hemiciclo do Pazo do Hórreo a ILP "Paz Andrade" e que foi o primeiro secretario xeral da Impulsora da Casa da Lusofonia. Nachy López tomou posse do cargo en Marzo de 2022 como secretaria xeral. https://www.laregion.es/articulo/ourense/novo-movemento-ter-casa-da-lusofonia/202203152229051115233.html?utm_medium=social&utm_source=whatsapp&utm_campaign=share_button[5]

O propio director do IGADI o moañés Xulio Ríos falaba xa no 2018 da necesidade da creación dunha Casa da Lusofonia.[6] Nese mesmo ano desde o Concello de Santiago de Compostela aproban unha declaración institucional de forma unánime para a constitución da "Casa da Lusofonia".[7] Xa no Senado Luís García Mañá fai unha de pregunta por escrito[8] ao goberno o 14 de novembro de 2018 sobre a conveniencia da creación da "Casa da Lusofonia".

Obxectivos

Co obxectivo de fomentar o mellor coñecemento entre os pobos que conforman a lusofonía e España, a Casa da Lusofonia, segundo a Impulsora terá que configurarse como un pólo dinámico para o desenvolvemento de todo tipo de actividades, fomentando o debate, a reflexión e a investigación sobre temas de contido cultural, artístico, ideolóxico, social, científico, tecnolóxico, económico e político. Trátase de crear un foro e punto de encontro obxectivo e aberto orientado á difusión daqueles elementos que, nalgunha medida, poidan contribuír a estreitar os lazos entre os pobos desta comunidade internacional. En 2021, son oito os estados que teñen a lingua portuguesa como materna ou oficial: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste. Ademais, tamén acostuman incluírse na lusofonía outros enclaves onde se fala ou se falou portugués, nas súas diversas variantes, como é o caso de Ajudá, Aruba, Balí, Battcaloa, Bonaire, Casamansa, Chaul, Coromandel, Cucaçau, Damão, Diu, Fort Cochim, Galiza, Goa, Ilha de Ano Bom, Java, Jehove, Korlai, Kuala-Lumpur, Mahé, Macau, Mangalor, Penang, Puttalan, Suriname, Tapin, Tellicherry e Vaipim [9].

Notas

  1. "Baltar anuncia la sede gallega de la Casa da Lusofonía en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-11. Consultado o 2021-04-05. 
  2. "Xosé Carlos Morell González, promotor da iniciativa "Valentín Paz Andrade", para incluír no ensino galego o portugués | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-04-05. 
  3. Morell, Xosé Carlos (2019). "A Lei Paz Andrade: O valor da categoria internacional". Nós no mundo: Informe anual sobre a acción exterior de Galicia (10): 1. ISSN 1989-9149. 
  4. Morell, Xosé Carlos (2019). "A Lei Paz Andrade como um modelo de cooperação e integração empresarial na Europa". Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais: III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, 2019, ISBN 978-84-8158-830-9, págs. 189-195 (Servizo de Publicacións): 189–195. ISBN 978-84-8158-830-9. 
  5. Región, La (2022-03-16). "Novo movemento para ter a Casa da Lusofonía". La Región (en castelán). Consultado o 2022-04-02. 
  6. "Casa da Lusofonía". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-04-05. 
  7. Santiago, Concello de. "A Corporación aproba o regulamento do Consello Municipal de Accesibilidade - {*titulo}. Concello de Santiago de Compostela". www.santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2021-04-05. 
  8. España, Senado de. "Iniciativas parlamentarias | Senado de España". www.senado.es (en castelán). Consultado o 2021-04-05. 
  9. Cristóvão, F. (2005), ‘Lusofonia’ in Cristóvão, Fernando (dir.) Dicionário Temático da Lusofonia, Lisboa:Texto Editores, p. 654.

Véxase tamén

Ligazóns externas