A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia é unha entidade de asociacionismo profesional galego. A súa principal función é a formación do profesorado de automoción, organizando diversos cursos ó longo do ano e potenciando o intercambio de coñecementos e profesorado co estranxeiro, mediante programas europeos. As súas actividades inclúen os fins de semana tecnolóxicos, participación no programa Erasmus +, preparación de idiomas para programas europeos, mostra de vehículos clásicos, xornadas anuais de automoción, etc.[1]
Ten a súa sede en Ribadeo, e en 2019 o seu presidente é Álvaro Doural Leiras.[2]
Notas
- ↑ "APAGA". A.P.A.G.A. Consultado o 17/02/2019.
- ↑ "Apaga organiza para hoxe unha xornada sobre tecnoloxía do hidróxeno nos vehículos". La Comarca del Eo. 16/02/2019.