Unha Asociación de Nais e Pais de Alumnos é en España unha organización, considerada unha entidade de dereito privado, formada polos titores do alumnado dun mesmo centro educativo de primaria ou secundaria. Estas asociacións adoitan organizar actividades extraescolares e participar nas decisións escolares mediante os representantes no Consello Escolar.