A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao foi fundada en 1979 co gallo de defender os intereses das empresas situadas no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e proporcionarlles servizos para mellorar a súa competitividade. Ten en torno a 230 entidades asociadas ás que lles ofrece servizos diversos como a vixilancia, extinción de incendios, hixienización de zonas comúns, proxecto de humanización, servizo de primeira intervención, servizo de seguridade e televixilancia, mapa de riscos, punto de descanso do peregrino, área de recreo con senda verde, corredor verde, centro verde, planos cartográficos, directorio empresarial, sinalización nas rúas da área industrial, formación profesional e para a inserción laboral, prevención de riscos laborais, medio ambiente, comercio exterior, etc.[1]
Historia
A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao fundouse no ano 1979 co nome de Asociación de Propietarios de Parcelas do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas co gallo de defender os intereses xerais das empresas do polígono ante a administración e promover servizos básicos e infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das súas actividades.
No ano 1983, as oficinas iniciais situadas da praza Paz Nóvoa (Ourense) trasladáronse aos locais da Caixa de Aforros de Ourense no propio polígono posibilitando a oferta de servizos como o estanco, a oficina de correo, a cafetaría e a seguridade que se ampliarían posteriormente[2].
Hixienización: Control de pragas e controis periódicos nas zonas comúns do polígono.
Dispoñibilidade de instalacións e recursos: Salas de reunións, salón de actos con capacidade para 150 persoas, aulas de formación, sala de informática, taller de formación en soldadura e maquinaria industrial, equipos audiovisuais e despachos para reunións e entrevistas.
Humanización: Brigada de mantemento para a limpeza das vías e espazos comúns do polígono. Rehabilitación das zonas verdes. Plantación de árbores. Zona de descanso para peregrinos[4]. Corredor verde. Mobiliario biosaudábel.
Sinalización: Indicadores e sinalización das empresas asociadas polas rúas do polígono.
Plano cartográfico: Información detallada actualizada das empresas asociadas e os seus contactos[5].
Xestións administrativas: Asesoramento especializado sobre empresas do polígono e mediación coas administracións para a reparación e o mantemento de bens e servizos de uso público.
Formación: Formación especializada e equipada. Plan de formación preventiva. Centro homologado pola Xunta de Galicia para a formación de persoas desempregadas. Accións formativas dirixidas ao empresarial, directivo e traballador.
Promoción: Encontros empresariais e entrevistas sectoriais. Publicidade.
Xestión da asociación: Asemblea Xeral, actividades internas e visitas ao polígono.
Páxina Web: Directorio empresarial dixitalizado[6]. Comunicación a través de correo electrónico. Información sobre os servizos e noticias da zona industrial.
Información para as persoas asociadas: Prensa diaria, concursos públicos, axudas e subvencións, información de interese empresarial, e novas empresas de alta.