A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, coñecida a miúdo polo acrónimo AGPTI, é unha asociación galega do ámbito de tradución. Creouse no ano 2001 coa finalidade de servir de plataforma de comunicación entre profesionais para a defensa dos intereses dos traballadores da tradución e da interpretación. Tamén ten entre os seus obxectivos a difusión do galego como lingua de traballo neste sector e contaba en 2015 con algo máis de 100 membros.[1]
A AGPTI forma parte da rede Vértice, que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.
En 2021 estaba presidida por Iria Taibo Corsanego.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas