Asociación Galega de Axuda a Ucraína

Asociación Galega de Axuda a Ucraína
Logo
Tipoasociación
Data de fundaciónfebreiro de 2022
SedePocomaco
PaísGalicia
Na rede
https://www.agaucraina.org/
Facebook: aga.ucraina Instagram: aga.ucraina Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Galega de Axuda a Ucraína, máis coñecida como AGA Ucraína, é unha unha asociación galega nada en febreiro de 2022 coa finalidade de prestar axuda humanitaria ao pobo ucraíno no contexto da invasión rusa de Ucraína.

Traxectoria

Foi constituída o 28 de febreiro de 2022 por residentes ucraínos en Galicia para articular o envío de material de primeira necesidade a Ucraína por mor da súa invasión pola Federación Rusa e facilitar a acollida de refuxiados do conflito.[1] Fundada na Coruña, conta con delegacións nas catro provincias de Galicia.

A partir de marzo de 2022 comezou a recollida de alimentos, roupa de abrigo e medicamentos para o seu posterior envío a Ucraína, onde é repartida a través de diferentes institucións.[2][3] Durante os primeiros nove meses de existencia, AGA Ucraína fretou 24 camións para fornecer axuda humanitaria.[4] Paralelamente, a asociación conta cun programa de acollida de refuxiados mantendo estreita colaboración coa ONG ucraína KOLO Charity Foundation que traballa en asentamentos de persoas desprazadas polo conflito.[5][6]

AGA Ucraína colabora con diferentes institucións públicas e privadas de Galicia, como o Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, a UDC ou Afundación.[7][8][9][10] Debido ás súas actividades, AGA Ucraína foi recoñecida co Premio Solidario Grupo Social ONCE Galicia 2022.[11]

Notas

  1. "Nace na Coruña a primeira asociación de axuda a Ucraína: "Feijóo ofreceunos colaboración"". www.crtvg.es. Consultado o 2022-11-26. 
  2. Otero Mayán, Marta (2022-03-03). "A Coruña se vuelca con Ucrania". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  3. "AGA Ucraína freta dende Pontevedra un novo camión con axuda humanitaria". G24. Consultado o 2022-11-26. 
  4. "Un nuevo camión lleno de ayuda para Ucrania: la solidaridad de los coruñeses no cesa". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  5. "Qué hacemos". Aga Ucraina (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  6. Sánchez, Carlos Alberto. "Lucha solidaria desde Galicia para aliviar el dolor del país devastado". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  7. "Ucrania.- Abanca, Afundación y AGA-Ucraína envían el primer camión con 23 toneladas de ayuda humanitaria". www.europapress.es. 2022-03-11. Consultado o 2022-11-26. 
  8. "O Concello da Coruña reforzará o apoio aos refuxiados ucraínos con máis servizos de atención psicolóxica e tradución e interpretación". Concello da Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  9. "FUAC. A Cátedra NTT Data colabora na doazón de equipos informáticos a Ucrania". FUAC (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  10. "A Xunta reforza o seu apoio ao pobo de Ucraína cun novo proxecto de transporte de axuda humanitaria". Xunta de Galicia. 2022-07-08. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-26. 
  11. "Asociación Galega de Axuda a Ucrania, Alfonso Pardo, Francisco Otero Villar, Grupo Leche Río y la Concejalía de Deportes de A Coruña, Solidarios ONCE Galicia 2022". www.once.es (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 


Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas