Asociación Cultural e Deportiva Dorna

Asociación Cultural e Deportiva Dorna
Asociación Cultural Dorna
'Nos ventos da tradición' (lema da Escola de Navegación Tradicional Dorna)
AcrónimoACD Dorna
TipoAsociación cultural e deportiva
PropósitoPromoción da cultura e deporte na Illa de Arousa
DeporteBaloncesto, Fútbol Gaélico, Piragüismo, entre outros
Campo de traballoCultura e deporte
Área de operaciónIlla de Arousa, Galiza
Data de fundación1978
Nomeado en referencia aDorna (embarcación tradicional das Rías Baixas)
Presidente/aCarlos Chaves
Traballos destacadosRevista Dorna
Eventos/ActividadesTravesía das Letras Galegas, colaboración co Encontro de Embarcacións Tradicionais, diversos campionatos e campus de baloncesto, xadrez etc.
SedeEscola de Pau, Arousa
EnderezoPaseo do Naval nº 1. CP 36626
PaísGaliza
Na rede
Sitio web oficial (obsoleto ou en desuso)

A Asociación Cultural e Deportiva Dorna é unha institución emblemática da Illa de Arousa, con relevantes achegas á cultura galega en canto á promoción e conservación da literatura, tradición e cultura marítima e deporte. Dorna xogou un papel crucial na vida cultural da Illa de Arousa, abarcando diversas disciplinas culturais e deportivas que van da música e danza tradicional até a navegación tradicional (en dornas e outras embarcacións tradicionais da Ría de Arousa maiores) e seccións deportivas como o fútbol gaélico, baloncesto ou xadrez.

É a maior asociación da illa de Arousa, con cerca de 1000 socios incluíndo todas as súas seccións.

Historia

A idea dunha entidade que preservase e promocionase a cultura arousá e galega materializouse coa fundación dunha asociación nos anos 70, impulsada polo activismo cultural e social da época.

O Club Scorpio 73, a asociación precursora que foi o xermolo de Dorna, naceu no ano 1973, fundada por unha xeración de rapaces que comezaban o ensino secundario, arredor dos quince anos. Esa mesma xeración de mozos da Arousa e algúns estudantes universitarios que entón eran os que se encargaron de facer a reconversión da que xurdiría a Asociación Cultural Dorna, aprobando os seus estatutos en 1978.[1]

Revistas

Desde a década de 1970, a asociación publicou unha revista autoeditada, de carácter variado, sobre temas locais e culturais en xeral. En 1979 a chamada Revista Dorna dedicou na súa edición de xuño un artigo para a tratar a situación e as reivindicacións relativas á construción dunha ponte que conectase a Illa de Arousa co continente, propoñendo a creación de varias comisións con distintos obxectivos, dende a negociación oficial até accións de publicidade e mobilización, incluíndo a posibilidade de folgas e manifestacións. A coordinación entre estas comisións buscaría unir esforzos cara á consecución do estudo e construción da ponte, un obxectivo común e urxente. A revista tamén se fixo eco da Festa da Ponte, un evento coa participación dos membros da asociación, e destacados membros da música e a cultura galegas, como Milladoiro entre outros.[2] A ponte da illa de Arousa materializouse na década de 1980, sendo inaugurada o 14 de setembro de 1985, constituíndo o que até esa data era a segunda maior inversión do Goberno Galego despois das instalacións da CRTVG.[3]

No mes de maio de 1981 a Asociación Cultural fundou a revista Dorna, Expresión poética galega, que nos números seguintes pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela incluíndo composicións, críticas ou recensión de autores emerxentes ou consolidados.[4][5]

Desde 2005, volveuse editar unha Revista Dorna con contidos culturais, históricos e naturais maiormente vinculados á Arousa, dedicando o primeiro ao 20º aniversario da ponte.[2]

Aniversarios

En novembro de 2008, realizouse o evento “30º Aniversario da A.C.D. Dorna”, incluíndo exposicións de fotografía, exhibición de embarcacións tradicionais e de baile moderno, partidos de baloncesto base da CB Dorna, proxección dos filmes Unha viaxe pola Arousa, Arousa 1969, Conflicto na ponte e Volta á Arousa en vela, un concerto do grupo Leixaprén, e un festival de música e baile galego coa participación de grupos de Moaña, Meis e Cambados, ademais dun serán promovido pola sección de música e baile da A.C.D. Dorna.[6]

Deporte

A mediados dos anos 80, a asociación cultural pasa a incluír seccións deportivas como fútbol sala, piragüismo, baloncesto, xadrez etc.[7]

Seccións

Club de Piragüismo

O Club de Piragüismo Illa de Arousa foi fundado en 1982 baixo o nome de San Xulián (patrón da Illa). Nos seus primeiros anos, o club competiu sen adestrador en eventos provinciais, o que requiría viaxar en barco até a apertura da ponte en 1985. Ao integrarse na AC Dorna, o club mantivo autonomía pero colaborando estreitamente coa asociación para a captación de fondos e a organización de eventos. Esta etapa caracterizouse pola consolidación do club, que culminou no ano 1995 coa vitoria no Campionato de España de Clubs cadete e o subcampionato en júnior,[8] ademais de conseguir numerosas medallas en competicións galegas, españolas e europeas, chegando a formar parte das seleccións de Galiza e de España.[9]

Fútbol Gaélico: Dorna F.G.

Artigo principal: Dorna FG.

Establecido en 2014...

Baloncesto

Artigo principal: CB Dorna.

Fundado en 1985...

Xadrez

Fundado na década de 1980, o club mantivo unha escola e equipos de distintas idades e categorías, participou en eventos de partidas simultáneas, xadrez na rúa[10] etc.

Escola de Navegación Tradicional Dorna

Aínda que a ACD Dorna levaba a cabo desde o seu nacemento na década de 1970 actividades relacionadas coa navegación e o coñecemento das embarcacións tradicionais, a Escola de Navegación Tradicional (ENT) foi inaugurada oficialmente en xuño de 2001. Desde entón levou adiante numerosos eventos, entre eles a colaboración para a organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Culturmar, no ano 2003.[11] Promoveu tamén iniciativas destinadas a facer modificacións normativas e lexislativas para a protección efectiva da navegación tradicional, as embarcacións e a carpintería de ribeira arousá.

Conta con máis de 50 embarcacións, incluíndo dornas, galeóns e outros barcos tradicionais, que son restauradas e empregadas en réxime de 'apadriñamento'.[12][13] En 2023 acusaron a Portos de ter nula sensibilidade pola conservación do patrimonio marítimo, e mesmo de exercer o "terrorismo patrimonial" e "acoso institucional".[14]

Música e danza

Entre as actividades levadas a cabo por esta sección están a escola e grupo de gaitas, acordeóns, pandeireta e percusión tradicional galega, baile tradicional e baile moderno.

Audiovisual

A ACD Dorna levou adiante diversas actividades audiovisuais, como cursos de edición, e proxeccións de cine e documentais. A asociación colaborou na elaboración de videofilmes, elaborando, baixo a dirección de Daniel Otero, a peza documental Unha viaxe pola Arousa. A gravación de imaxes durante a catástrofe do Prestige deu lugar a outro documental, e esas imaxes foron difundidas no filme Carcamáns de Marcos Nine, e nun programa especial de El escarabajo verde de TVE.[15]

Notas

  1. Vazquez, Sito (luns, 12 de maio de 2008). "REVISTA DORNA - ASOCIACIÓN CULTURAL DORNA". AROUSA A DEBATE. Consultado o 2024-04-13. 
  2. 2,0 2,1 "Nova Revista Dorna (Nº 1, 2005)" (PDF). ailladearousa.com/pdf/revista-dorna. Consultado o 12 de abril de 2024. 
  3. Palmeiro, Xose Maria (1985-09-15). "Inaugurado el puente de la isla de Arosa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-04-13. 
  4. Diario, Nós (2018-01-05). "Dorna para voces novas e consagradas". Nós Diario. Consultado o 2024-04-13. 
  5. Diario, Nós (2020-01-19). "'Dorna', campo de probas da poesía". Nós Diario. Consultado o 2024-04-13. 
  6. "30 Aniversario da A.C.D. Dorna". Culturmar. 2008-11-20. Consultado o 2024-04-13. 
  7. "Asociación Cultural Dorna ... esencia de A Illa de Arousa". AIlladeArousa.com (en castelán). 2010-04-09. Consultado o 2024-04-13. 
  8. "A Illa inicia un nuevo ciclo alcista". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-06-15. Consultado o 2024-04-13. 
  9. "Historia". Club Piragüismo Illa de Arousa. Consultado o 2024-04-13. 
  10. "FESTIVAL DE XADREZ NA RÚA". www.AIlladeArousa.es. Consultado o 2024-04-14. 
  11. "Arousa 2003". Culturmar. 2017-02-07. Consultado o 2024-04-19. 
  12. Farangulha (xoves, 20 de febreiro de 2014). "dornas coma a area: Isto é a ENT Dorna 1". dornas coma a area. Consultado o 2024-04-13. 
  13. G, A. (2022-11-02). "A Illa, unha terra de galeóns". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-04-13. 
  14. "Navegación Tradicional de Dorna acusa a Portos de “terrorismo patrimonial” y “acoso institucional”". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2024-04-13. 
  15. "Nº 8" (PDF). Revista Dorna. Consultado o 13 de abril de 2024. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read other articles:

Charity Shield FA 1925TurnamenCharity Shield FA English Amateurs XI English Professionals XI 6 1 Tanggal5 Oktober 1925StadionWhite Hart Lane, London← 1924 1926 → Charity Shield FA 1925 adalah pertandingan sepak bola antara English Amateurs XI dan English Professionals XI yang diselenggarakan pada 5 Oktober 1925 di White Hart Lane, London. Pertandingan ini merupakan pertandingan ke-12 dari penyelenggaraan Charity Shield FA. Pertandingan ini dimenangkan oleh English Amateurs XI deng...

 

Bedakan dengan henti jantung dan gagal jantung, kondisi medis yang sama sekali berbeda Artikel ini memberikan informasi dasar tentang topik kesehatan. Informasi dalam artikel ini hanya boleh digunakan untuk penjelasan ilmiah; bukan untuk diagnosis diri dan tidak dapat menggantikan diagnosis medis. Wikipedia tidak memberikan konsultasi medis. Jika Anda perlu bantuan atau hendak berobat, berkonsultasilah dengan tenaga kesehatan profesional. Serangan jantungJantungInformasi umumSpesialisasiKardi...

 

Культура татар-мишарей — культура субэтноса татар, наряду с казанскими и сибирскими татарами образует культуру татарского народа. Содержание 1 Расселение мишарей 2 Хозяйство 3 Поселения и жилища 4 Национальная одежда 4.1 Мужская одежда 4.2 Женская одежда 5 Кухня 6 Язык 7 С�...

Hendrikus Haris Haryanto Kepala Badan Pengembangan Kebijakan dan Teknologi Pertahanan KemhanMasa jabatan2 Mei 2023 – 1 April 2024 PendahuluJulexi TambayongPenggantiPetahanaKepala Staf Komando Pertahanan Udara NasionalMasa jabatan23 Februari 2021 – 21 Januari 2022 PendahuluI Wayan SulabaPenggantiNovyan Samyoga sebagai KaskoopsudnasKomandan Lanud Sultan HasanuddinMasa jabatan29 November 2018 – 23 Februari 2021 PendahuluBowo BudiartoPenggantiDanet Hendriyanto Inf...

 

Kawasan Konservasi Perairan Daerah Kabupaten Buton (KKPD Kabupaten Buton) adalah salah satu kawasan konservasi perairan daerah yang ada di Sulawesi Tenggara, Indonesia. Dalam pembagian administratif Indonesia, KKPD Kabupaten Buton berada di wilayah administratif Kabupaten Buton. Dasar hukum penetapannya adalah Surat Keputusan Bupati Buton Nomor 938 Tahun 2011. Luas KKPD Kabupaten Buton adalah 283.577,33 Hektare. KKPD Kabupaten Buton termasuk dalam kawasan konservasi dengan pemanfaatan sumber ...

 

Sub-Roman king in Northern Britain King Cole redirects here. For other uses, see King Cole (disambiguation). Coel redirects here. For the prefix coel-, see List of commonly used taxonomic affixes. An illustration depicting Coel from a 15th-century Welsh-language version of Geoffrey of Monmouth's Historia Regum Britanniae Coel (Old Welsh: Coil), also called Coel Hen (Coel the Old) and King Cole, is a figure prominent in Welsh literature and legend since the Middle Ages. Early Welsh tradition k...

American country music singer-songwriter (1934–2008) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Bobby Lord – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2015) (Learn how and when to remove this message) Bobby LordLord c. 1955Background informationBirth nameRobert Lester Lord[1]Born(1934...

 

2011 film score by Patrick DoyleThor (Original Motion Picture Soundtrack)Film score by Patrick DoyleReleasedMay 3, 2011 (2011-05-03)Recorded2011GenreFilm scoreLength71:53Label Buena Vista Marvel Music Producer Kenneth Branagh Kevin Feige Dave Jordan Mitchell Leib Patrick Doyle chronology La Ligne droite(2011) Thor (Original Motion Picture Soundtrack)(2011) Jig(2011) Marvel Cinematic Universe soundtrack chronology Iron Man 2(2010) Thor(2011) Captain America: The First Av...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

Florian MayerKebangsaan JermanTempat tinggalBayreuth, JermanLahir5 Oktober 1983 (umur 40)Bayreuth, Jerman BaratTinggi190 m (623 ft 4 in)Berat81 kg (179 pon; 12,8 st)Memulai pro2001Tipe pemainTangan kanan (backhand dua tangan)Total hadiah$3,362,389TunggalRekor (M–K)157–150Gelar1Peringkat tertinggiNo. 18 (6 Juni 2011)Peringkat saat iniNo. 23 (21 November 2011)Hasil terbaik di Grand Slam (tunggal)Australia TerbukaP3 (2007, 2010)Prancis TerbukaP2 (...

 

MindoroLokasi di FilipinaGeografiLokasiAsia TenggaraKoordinat12°55′49″N 121°05′41″E / 12.93028°N 121.09472°E / 12.93028; 121.09472Koordinat: 12°55′49″N 121°05′41″E / 12.93028°N 121.09472°E / 12.93028; 121.09472KepulauanFilipinaLuas10.572 km2[1]Peringkat luas74Garis pantai619 km[1]Titik tertinggiGunung Halcon (2.585 m)[1]PemerintahanNegaraFilipinaProvinsiMindoro Barat dan Mi...

 

Franconia RangeFranconia Ridge viewed from Mount Lincoln, with the sharp peaks of Mount Flume (left) and Mount Liberty (right) visible behind the ridge.Highest pointPeakMount LafayetteElevation5,249 ft (1,600 m)Coordinates44°9.65′N 71°38.68′W / 44.16083°N 71.64467°W / 44.16083; -71.64467GeographyCountryUnited StatesStateNew HampshireParent rangeWhite Mountains, Appalachian MountainsBorders onTwin Range and Kinsman Ridge The Franconia Range is a m...

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (مارس 2016) دراما مر...

 

Bumpety BooPromotional image featuring the main charactersへーい!ブンブー(Hey! Bumboo)GenreAdventure Anime television seriesDirected byEiji OkabeKenjiro YoshidaProduced byShoji SatoWritten byAsami WatananeKeiko MukurojiHiroshi OhnogiKenjirō YoshidaMami WatanabeNaoko MiyakeNiisan TakahashiNobuyuki IsshikiMusic byNobuyoshi KoshibeStudioNippon AnimationOriginal networkNHKOriginal run April 8, 1985 – April 3, 1986Episodes130 Bumpety Boo (へーい!ブンブー, Hēi...

 

Daftar jurnal sejarah ini menyajikan perwakilan jurnal akademik yang berkaitan dengan bidang sejarah dan historiografi. Daftar ini termasuk jurnal-jurnal ilmiah yang didaftar oleh database jurnal dan asosiasi profesional seperti: JSTOR, Project MUSE, Organisasi Sejarawan Amerika, Asosiasi Sejarah Amerika,[1] Questia dan Goedeken (2000),[2] atau diterbitkan oleh masyarakat sejarah nasional atau regional, atau oleh penerbit ilmiah besar (seperti Cambridge University Press, Oxfor...

Fashion and folk costume of the Philippines This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Fashion and clothing in the Philippines – news · newspapers · boo...

 

No debe confundirse con Louis de Rouvroy, duque de Saint-Simon. Henri de Saint-Simon Retrato póstumo de Saint-Simon basado en un diseño de Adélaïde Labille-GuiardInformación personalNombre de nacimiento Claude-Henri de RouvroyNombre en francés Claude-Henri de Rouvroy de Saint-Simon Nacimiento 17 de octubre de 1760París, FranciaFallecimiento 19 de mayo de 1825 (64 años)París, FranciaSepultura Cementerio del Père-LachaiseNacionalidad FrancesaLengua materna FrancésFamiliaCónyuge...

 

artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Bobby Sandy adalah seorang sutradara Indonesia pada era 1980-an. Aktris yang meraih piala FFI lewat filmnya Meriam Bellina - Cinta di Balik Noda (...

Murisengo komune di Italia Tempat Negara berdaulatItaliaDaerah di ItaliaPiemonteProvinsi di ItaliaProvinsi Alessandria NegaraItalia Ibu kotaMurisengo PendudukTotal1.272  (2023 )GeografiLuas wilayah15,31 km² [convert: unit tak dikenal]Ketinggian338 m Berbatasan denganOdalengo Grande Villadeati Montiglio Monferrato Robella SejarahHari liburpatronal festival (en) Santo pelindungAntonius Informasi tambahanKode pos15020 Zona waktuUTC+1 UTC+2 Kode telepon0141 ID ISTAT006113 Kode kadaster...

 

British Labour Party politician, former cabinet minister and author Not to be confused with Lord Windermere. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the ...