As valgadas bravas[1] (en catalán: Els sots feréstecs) é unha novela de Raimon Casellas publicada en 1901.[2] É considerada a primeira novela longa modernista.[2] Representa o fracaso do artista no seu intento de transformar a sociedade, o cal está vencellado coa vontade rexeneracionista do movemento modernista. O protagonista, mosén Llàtzer, encarna o home superior, o Ben e o Ideal, que se enfronta ás multitudes, o Mal e a Natureza. O personaxe que comeza o libro, o Aleix de les Tòfones, simboliza a degradación das calidades humanas.
Foi traducida ó galego por Eduard del Castillo Velasco[3] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]
Notas