As grandes bañistas (Cézanne, Filadelfia)

As grandes bañistas
(Les Grandes Baigneuses)
ArtistaPaul Cézanne
Data1906
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións208 cm cm × 251 cm cm
LocalizaciónPhiladelphia Museum of Art

As grandes bañistas (en francés: Les Grandes Baigneuses) é un cadro do pintor francés Paul Cézanne. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 208 cm de alto e 251 cm de largo. Foi pintado en 1906. Atópase no Museo de Arte de Filadelfia, Estados Unidos.

Análise

É a tea máis grande xamais pintada por Cézanne, quen a traballou durante sete anos no obradoiro que tiña en Lauves, e é a máis traballada das tres versións xulgadas conclusivas do tema dos bañistas, tratado reiteradamente polo pintor, dende 1870 ata o seu falecemento en 1906. Considérase que este cadro pode estar inacabado.

A gama das cores está reducida a tons sobrios: ocre, malva e verde ou azul verdoso.

O cadro componse en torno a dous grupos de figuras de bañistas, entre as que hai unha mancha branca que podería ser un can. Atópanse á beira dun río, no que pode verse a unha figura nadando. Máis aló, en liña co can e a nadadora, dúas figuras na outra beira; e, detrás deles, un castelo. Hai dous grupos de árbores inclinadas que forman unha especie de bóveda por riba das bañistas, e que ábrense alén, a unha profundidade central.

Os cadros dos bañistas serán fundamentais para a historia posterior da arte, influíndo profundamente a todos os protagonistas da vangardia, dende Matisse a Braque, de Picasso a Moore. Este estilo final de Cézanne anuncia xa o cubismo.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos