As Burgas (revista)

As Burgas
PaísEspaña
LugarOurense
Lingualingua galega
Fundación1894
Circulación
Frecuencia1 semana
Na rede
Galiciana: 3831
editar datos en Wikidata ]

As Burgas foi unha revista editado en Ourense de 1894 a 1895.

Historia e características

Subtitulada Literatura e artes, apareceu o 24 de decembro de 1894. A súa periodicidade era semanal e cada número constaba de oito páxinas. A dirección estivo a cargo de Santiago Álvarez de Nóvoa e entre os seus colaboradores estiveron Francisco Álvarez de Nóvoa, Heraclio Pérez Placer, Jesús Rodríguez López, Benito Losada Astray, Filomena Dato e Juan Barcia Caballero, tamén publicou poemas de Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.

Xurdiu para fomentar a afección por ler e escribir en galego, e para divulgar a literatura galega, logo da desaparición de O Tio Marcos d'a Portela e A Monteira. O seu contido foi literario e cultural: poesías, relatos curtos, noticias sobre actividades e sobre novas publicacións. Tamén tiña unha sección de actualidade e parrafeos de crítica social e política.

De orientación galeguista, centrada na defensa e promoción do galego e na oposición ao centralismo, foi crítica co nacente rexionalismo: fronte ao "mal chamado Rexionalismo" postularon a necesidade de crear unha Liga Gallega que, como a Lliga catalá, defendese de verdade o país e que tivese por ideario "Todo por Galicia é pra Galicia". Tamén fixo esporádicas referencias burlescas á poesía galega inspirada no celtismo, dirixidas implicitamente contra a obra de Eduardo Pondal.

O proxecto tivo unha vida moi curta, o último exemplar do que se ten constancia é o número 10, do 3 de marzo de 1895.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas