Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis.
En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
Ás veces a palabra inglesa paper posúe unha acepción algo máis ampla, pois inclúe tamén aos relatorios.
Estrutura típica
Os artigos que se encontran nas revistas científicas, seguen o esquema IMRAD (Introduction, Methods and Materials, Results e Discussion — Introdución, Materiais e métodos, Resultados e Discusión), que foi establecido polo ICMJE (International Comitee of Medical Journals Editors — Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas).
O artigo científico é un texto de carácter académico que exixe o cumprimento de normas específicas tanto na súa estrutura xeral como no seu contido. Estes aspectos fundamentais están determinados polo tipo de lectores e polo medio de divulgación. Cobre unha extensa variedade de temas relacionados coa investigación nas diversas disciplinas do coñecemento. Así o uso do vocabulario especializado e o ton formal en que se escribe facilitan o acceso á información e, por conseguinte, a súa compresión.
Resumo
O resumo (coñecido tamén co termo inglés abstract) aparece inmediatamente despois do título do artigo, e redactado en tres ou, polo menos, dous idiomas: aquel no que está escrito o artigo, e en inglés.
Presenta:
o contexto do estudo
o propósito do estudo
os procedementos básicos (selección de suxeitos do estudo ou animais de laboratorio, os métodos observacionais ou analíticos etc.)
os descubrimentos principais (dando tamaños específicos dos efectos e a súa importancia estatística, se for posíbel)
as conclusións principais.
Debe salientar os aspectos novos ou importantes do estudo ou das observacións.
En sitios de busca (como PubMed) ou en revistas con licenzas, o resumo é o único que se mostra dun artigo científico.
Introdución
A introdución presenta o tema a tratar no artigo e adoita responder á pregunta do por que se realizou o estudo. Adoita non ter máis de dous prágrafos e ás veces inclúe un compendio das últimas pescudas no tema.
Características xerais
1. Permite a flexibilidade e variedade temática, de igual maneira parte dunha análise descritiva sobre temas históricos, teóricos, científicos, políticos, culturais, económicos e sociais de actualidade.
2. Insinúase que a redacción do artigo debe partir de feitos concretos e non de reflexións de tipo filosófico ou consideracións xerais do asunto a tratar.
3. Traballa e analiza directamente sobre feitos que non teñen outra finalidade rigorosa que a de informar sen ter que transmitir datos puntuais. A través da persuasión e a sedución, o articulista describe os acontecementos máis ou menos actuais.
Métodos e materiais
A sección de métodos só debe incluír a información que estaba dispoñíbel no momento en que se escribiu o plan ou protocolo do estudo.
Calquera información que se conseguiu durante o estudo debe consignarse na sección de Resultados.
RevistasCSIC.es (edición electrónica de acceso libre (Open Access) das revistas científicas editadas polo CSIC. Abarcan diversos campos do coñecemento científico dentro das ciencias experimentais, sociais e humanas). (en castelán)
PNAS.org (folleto das Actas da Academia Nacional de Ciencias de EE. UU.; presenta unha visión xeral do que fai esta revista). (en castelán).
ICMJE.orgInternational Comitee of Medical Journals Editors (Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas). (en inglés)