Articulación carpometacarpal do dedo polgar
Ligamentos do pulso, vista posterior
Latín
articulationes carpometacarpeæ
Gray's
pág.328
A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo . Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man .
A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo .
Ligamentos
As articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos :
Ligamento cruzado anterior oblicuo
É un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano . Ténsase en abdución, extensión e pronación.
Ligamento colateral cubital
Orixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano .
Insírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano .
Ligamento oblicuo posterior
Insírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano .
Ligamento dorsorradial
Discorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano .
Véxase tamén
Bibliografía
Gray. Anatomy of the human body (en inglés ) . Edición de 1918 de dominio público.