Entre o acromion e a clavícula interponse un menisco articular que se inclúe na articulación.
Medios de unión
Cápsula articular
Ten dúas circunferencias de inserción. A cranial contornea a superficie articular da clavícula. A inferior insírese na superficie acromial.
Ligamentos acromioclaviculares
Superior: insírese na parte superior do extremo externo clavicular, por dentro da superficie articular e na cara superior do acromion. É o máis forte e consistente.
Inferior: insírese na parte inferior do extremo clavicular por dentro da superficie articular e na cara inferior do acromion.
Mecánica articular
É unha articulación de estabilización do ombreiro. Presenta pequenos deslizamentos entre as superficies óseas.
Ligamento conoide: ten forma triangular, de base superior (inserida na superficie inferior clavicular por fóra da canle do subclavio) e vértice inferior (inserido na parte posterior da superficie superior da coracoide).
Anexo atópase a bolsa serosa do conoide que mellora o deslizamento entre as febras.
Ligamento trapezoide: ten forma de trapecio. Insírese na superficie superior da coracoide por fóra do conoide e na superficie inferior da clavícula por fóra das insercións do conoide.
Na parte máis caudal, ambos os ligamentos tenden a unírense.
Outros ligamentos:
Ligamento coracoide: non ten sentido funcional. É coma unha cinta que tapiza a incisura coracoide. A inserción externa áchase na base da coracoide e a interna no bordo superior da escápula, por dentro e por detrás da incisura coracoide. Converte a incisura en orificio coracoide. Por el pasan o nervio supraescapular e os vasos supraescapulares. Por fóra do ligamento pasa a arteria supraescapular. Cara á zona interna, as febras entrecrúzanse coas do músculo omohioide.