A articulación atlanto-occipital é a articulación entre o óso occipital do cranio e a primeira vértebra cervical ou atlas, que consiste en dúas articulacións condiloides. Os cóndilos occipitais articúlanse coas caras articulares superiores do atlas.[1] Esta articulación é unha articulación sinovial.
Os rectos laterais son responsables do movemento lateral, axudados polo trapecio, esplenio da cabeza, semiespiñoso da cabeza e esternocleidomastoideo do mesmo lado, que actúan todos conxuntamente.
Galería
Óso occipital. Superficie externa.
Notas
↑ 1,01,11,2G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía. Interamericana-McGrow Hil. 12ª edición (1987). Páxinas 232-233. ISBN 84-7605-359-2.
Gray's Anatomy (1918) 20ª edición. Texto en dominio público incorporado ao artigo.