Artemisa Barbosa Ribeiro, nada en São João dás Missões, Brasil, circa 2000, é unha indíxena brasileira activista de dereitos humanos. Defende a selva amazónica e tenta visibilizar a destrución ambiental no seu país. É a lideresa da Articulación de Pobos Indíxenas do Brasil.
Traxectoria
Pertence ao pobo indíxena xacriabás localizado no norte do estado de Minas Xerais, ao sueste do Brasil. Manifestou a problemática que padece a súa comunidade na loita para protexer o seu territorio do dano ambiental "onde o labor mineiro contaminou a auga, reduciu os recursos dos seus habitantes e provocou as súas mortes".[1]
É representante das comunidades indíxenas e tradicionais que forman parte da Alianza Global de Comunidades Territoriais.[2] Esta organización engloba a máis de 25 millóns de persoas que pertencen a comunidades indíxenas e que buscan protexer uns 500 millóns de hectáreas de bosques no mundo.[3]
Desde hai máis dunha década está involucrada na defensa do medioambiente e os dereitos dos indíxenas.[4][5]
En varias oportunidades denunciou como "genocida" ao presidente brasileiro Jair Bolsonaro polas políticas respecto da Amazonía e pola negativa do goberno a tomar medidas que protexan o bosque amazónico.[6][7]
Artemisa falou na folga mundial polo clima realizada o venres 20 de setembro de 2019 en Nova York, ante miles de mozos de todo o mundo mobilizados polo quecemento global e o cambio climático, que concluíu con comentarios de líderes, activistas e organizadores indíxenas.[8] Nesta oportunidade estaba ataviada co toucado da súa etnia, un diadema de plumas e partes do seu corpo e da súa cara pintadas.[9]
Estivo presente no Cume sobre a Acción Climática convocada pola ONU xunto con Greta Thunberg.[10][11] Tamén acompañou a Thunberg a esixir solucións ao Congreso dos Estados Unidos de América en Washington.[12] Con determinación logrou acceder a varios senadores e deputados estadounidenses para presentar unha carta aberta dos indíxenas que integran a Alianza Global de Comunidades Territoriais.[13][14]
“Nós, os pobos indíxenas, somos os fillos da natureza, por iso loitamos pola nosa Nai Terra, porque a loita pola Nai Terra é a nai de todas as demais loitas. Loitamos polas nosas vidas. Loitamos polas súas vidas. Loitamos polas nosas terras sacras. Con todo, perséguennos, ameazan e asasinan só por protexer as nosas terras. Non podemos tolerar que se derrame nin una pinga máis de sangue indíxena”.[15][16]
Vive en Ribeirão Preto, onde estuda psicoloxía e música.[4][17]
Notas
- ↑ Pereira Castro, Xan (25 de setembro de 2019). "Hay más Gretas, pero son invisibles. Líderes indígenas reclaman luchar por la Madre Tierra". Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
- ↑ Sala, Mónica (9 de outubro de 2019). "Artemisa Xakriabá: la voz del Amazonas". Vein. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Baluarte, Alejandra. "Tres niñas y sus iniciativas de conservación que están cambiando el mundo". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 "Meet Artemisa Xakriabá, the teen Brazilian activist who knows climate issues and indigenous right's are same". MTV News (en inglés). 11 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Goin, José Luis (1 de decembro de 2019). "Mujeres que luchan: Artemisa Barbosa Ribeiro, con todo por el cambio climático". Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Waldron, Travis (27 de outubro de 2019). "This Indigenous Teenager Is Fighting To Save The Amazon From Brazil’s Bolsonaro". HuffPost (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ Yalcinkaya, Gunseli (27 de setembro de 2019). "What you need to know about indigenous climate activist Artemisa Xakriabá". Dazed (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Artemisa Xakriabá, joven indígena activista por el clima de 19 años de edad: “Luchamos por la madre Tierra”". 3 de outubro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Alonso, Tania (20 de xaneiro de 2020). "¿Quiénes son las otras Gretas? Activistas contra el cambio climático que merecen nuestra atención". Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ Rodríguez, Sebastián (24 de setembro de 2019). "Ocho acontecimientos que marcaron la Cumbre del Clima de este lunes". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Global climate strike: Greta Thunberg and school students lead climate crisis protest – as it happened". The Guardian (en inglés). 21 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Esto es lo que exigen los jóvenes del mundo para salvar al planeta". El Tiempo. 20 de setembro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Open Letter to Every Member of the United States Senate and House of Representatives" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Alianza Global de Comunidades Territoriales presenta demandas ante Senadores en Washington DC" (en castelán). Consultado o 2021-05-31.
- ↑ Martín, Jessica (6 de decembro de 2019). "Las 'otras Gretas' que dan voz al planeta". RTVE. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Joven indígena activista por el clima: “La lucha por la Madre Tierra es la madre de todas las luchas”". El Mundo. 2 de outubro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ Chacón Ortíz, Tania (1 de outubro de 2019). "10 ambientalistas jóvenes de América Latina que luchan por sus comunidades y territorios". Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas