Arsenio Fernández de Mesa Díaz del Río, nado o 20 de xullo de 1955 en Ferrol, é un político galego do Partido Popular.
Traxectoria
Iniciouse en política en grupos falanxistas de Ferrol tras a morte de Franco, grupos que se adicaban a ameazar sindicalistas e demócratas. O 14 de maio de 1977 acudiu a Cedeira vestido de falanxista á inauguración polo exministro franquista Gonzalo Fernández de la Mora dun monumento a Franco.[1]
En 1979 entrou a traballar como axudante de xardinaría no porto de Ferrol, coa categoría de funcionario do Estado (Grupo D). Foi delegado comercial e inspector de pinturas para barcos no Departamento Marítimo da empresa International Marine Coatings con delegación no porto de Ferrol. Comeza a súa carreira política como concelleiro de Ferrol (1983-1991), foi tenente de alcalde de Ferrol (1987-1989). Nas Eleccións Xerais de 1989 foi elixido deputado no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña (1989-2000). Foi Delegado do goberno en Galicia (2000-2008) e durante a catástrofe do Prestige (2002) a súa actuación foi moi criticada pola oposición, Nunca Máis e ecoloxistas. Nas Eleccións Xerais de 2008 volveu ser reelixido deputado pola provincia da Coruña, e tamén nas de 2011.
En decembro dese mesmo ano foi designado director xeral da Garda Civil por Mariano Rajoy, en substitución de Francisco Velázquez, que ata daquela compartía a responsabilidade sobre a Policía e a Garda Civil. Cesou como director da Garda civil o 18 de novembro de 2016 e en xaneiro de 2017 foi nomeado conselleiro de Red Eléctrica de España.[2]
Vida persoal
Está casado e ten tres fillos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas