Aroliña
|
|
Clasificación científica
|
|
Nome binomial
|
Gari depressa (Pennant, 1777)
|
Sinonimia
|
Gari albanyana W. H. Turton, 1932 Gari vespertina gantica de Gregorio, 1895 Gari depressa normalis Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1895 Gari vespertina lactea Jeffreys, 1864 Gari vespertina livida Jeffreys, 1864 Gari affinis Reeve, 1856 Gari grata Deshayes, 1855 Gari variabilis Leach, 1852 Gari vespertinalis Blainville, 1826 Gari vespertinalis Blainville, 1824 Gari florida Lamarck, 1818 Gari variabilis Donovan, 1801 Gari violaceus Salis Marschlins, 1793 Gari vesperus Salis Marschlins, 1793 Gari vespertina (Gmelin, 1791) Gari varia Poli, 1791 Gari vespertinus Gmelin, 1791 Gari gari Born, 1780
|
A aroliña (Gari depressa, Pennant 1777; antes Tellina depressa) é un molusco bivalvo da familia dos Psamóbidos (Psammobiidae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
Semella unha arola de pequeno tamaño. Presenta unha cuncha sólida algo inequivalva, pois a valva dereita e lixeiramente máis convexa que a valva esquerda. O umbo centrado ou algo atrasado. No extremo posterior as valvas están separadas e o perfil é algo truncado. Non supera os 6,5 cm de eixo maior.
A superficie está marcada por liñas concéntricas que non constitúen verdadeiras costelas, cruzadas por liñas radiais moi finas, algo máis marcadas na parte posterior onde se agrupan semellando costelas. A marxe interior está finamente dentada.
A cor é branca ou crema, con bandas marróns ou púrpuras radiais. O periostraco, marrón escuro ou verdoso. O interior branco e ás veces púrpura, e pode presentar tamén tons alaranxados ou marelos.
Hábitat e bioloxía
Distribúese polo Atlántico, desde o mar do Norte ata Cabo Verde, incluíndo o Mediterráneo.
Vive sobre fondos de ares ou grava, na franxa infralitoral ata profundidades de 50 metros.
Só se captura accidentalmente, cando se anda a outras ameixas, coas que se pode comercializar mesturada.
Véxase tamén
Bibliografía
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
Ligazóns externas