Armour of God II: Operation Condor é un filme producido en Hong Kong dirixido e protagonizado por Jackie Chan. Está producido por Golden Harvest/Paragon Films, e é a secuela do filme de 1987 Armour of God.
Sinopse
Antes de que rematase a segunda guerra mundial, os nazis agocharon no deserto do Sáhara o ouro que roubaran en diversos países europeos. O xeneral alemán Von Katterling asignou a misión ó seu axudante persoal e a dezaoito soldados dos que nunca máis se soubo. Agora, as Nacións Unidas queren recuperar o ouro para investilo en proxectos humanitarios e para logralo deciden asignarlle a misión a un oriental neutral, Jackie o Cóndor. A misión do Cóndor é clara e precisa: ir ó deserto, localizar o ouro e recuperalo.
Personaxes
- Jackie Chan como Jackie, a.k.a. "Asian Hawk"/"Asian Condor"
- Carol Cheng como Ada
- Eva Cobo de Garcia como Elsa
- Shoko Ikeda como Momoko
- Daniel Mintz como Amon
- Aldo Sambrell como Adolf
- Bozidar Smiljanic como Duque Scapio / Barón Bannon
- Jonathan Isgar como Tasza
Equipo de especialistas de Jackie Chan
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas