Ardia é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 253 habitantes (137 mulleres e 116 homes), dez menos ca en 2015 e 25 menos ca en 2010.
Historia
O lugar aparece nomeado nunha doazón que o rei Ordoño II fai da vilam Ardenam (hoxe Ardia) ó bispo Sisnando II, no ano 911[1]. Pola súa banda, Filgueira Valverde constata que o topónimo lle dá nome a un xograr medieval, Pero de Ardia[2].
O lugar aparece citado na viaxe a Galicia que realizou Sarmiento o 19 de xullo de 1745: "Del Grove pasé a su aldea Graña. De Graña a Ardea".[3]
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia do Grove
Parroquias do Grove
Notas