Arde amor é unha película galega dirixida por Raúl Veiga no ano 1999.
Argumento
Unha parella, Lucio (Miguel Pernas) e Rosa (María Bouzas), remata coas súas vidas a consecuencia dun pacto de morte; Ranxel (Chete Lera), amigo de Lucio, non o dá evitado. A traxedia conmociona a Luís (Sergi López) e Modia (Rosana Pastor), os anteriores amantes de Rosa e Lucio. Despois de moito tempo sen se veren, Luís procura a Modia para que lle axude a entender toda a traxedia.[1]
Proxección
O filme recibiu os seguintes premios e distincións[2]:
- Premio á mellor actriz (Rosana Pastor) na XX Mostra Cinema del Mediterrani (1999), festival recoñecido pola F.I.A.P.F.
- Premio na categoría “low-budget” na WorldFest Flagstaff de Arizona (1999).
- Gran Premio do Xurado á mellor película estranxeira no Bare Bones Film Festival de Oklahoma (2000).
- Premio AGAPI 2000 ao mellor guión.
- Premio AGAPI 2000 á mellor montaxe.
- Premio AGAPI 2000 á mellor produción.
Arde amor foi seleccionado tamén, entre outros, para os seguintes festivais internacionais:
- Fort Lauderdale International Film Festival 1999 (competición oficial “foreign film”).
- XX Festival Internacional de Cine de Porto/Fantasporto 2000 (competición oficial “Semana dos realizadores”), festival recoñecido pola F.I.A.P.F.
- New York International Independent Film & Video Festival 2000.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas