Localizado na rexión do Norte do Paraná, naceu por iniciativa da Compañía de Terras Norte do Paraná, pioneira no poboamento da rexión. O seu fundador foi William de la Fonseca Brabason Davids, director da Compañía de Terras Norte do Paraná, que na época da fundación de Arapongas exercía o cargo de Prefecto Municipal de Londrina. O 28 de setembro de 1935, Renê Cellot e a súa filla estabelecéronse nunha casa comercial no mesmo lugar onde hoxe se atopa o Banco Bradesco S/A (antigamente denominado Banco Brasileiro de Descontos S/A), na av. Arapongas. No mesmo ano foi aberto e vendido o primeiro lote agrícola ó agricultor brasileiro Floriano Freire.
Arapongas continuou sendo parte do territorio do municipio de Londrina ata o ano de 1943, cando foi creado o municipio de Rolândia, ó cal pasou a pertencer, pero desta volta como distrito xurídico, creado pola Lei nº 199 do 30 de decembro de 1943, que aprobou a nova división administrativa do Paraná. Pola lei nº 2 do 10 de outubro de 1947, o goberno crea o municipio de Arapongas separándoo de Rolândia e elevando a súa sede á categoría de cidade.