Antorcha Social foi un periódico editado en Ferrol entre 1901 e 1904.
Historia e características
Subtitulado Semanario socialista, defensor de los trabajadores y del pueblo, apareceu en 1901. Editábao a imprenta do periódico La Marina. Suspendeu a súa publicación en agosto de 1902,[1] aínda que volveu editarse novamente en 1903. Cesou a súa publicación en setembro de 1904, sendo substituído por La Antorcha.[2]
Notas
- ↑ La Correspondencia Gallega, 18-8-1902, p. 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 26-9-1904, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía