Antonio Valverde Mayo

Modelo:BiografíaAntonio Valverde Mayo
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsVíctor Valverde Mayo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7252

Antonio Valverde Mayo, nado no Porriño o 9 de outubro de 1912 e finado na mesma vila o 17 de marzo de 2001, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria

Iniciou os estudos de Maxisterio en 1928,[1] que rematou en 1933.[2] Aprobou os cursiños de selección en 1933 e foi nomeado mestre interino de Zamáns en febreiro de 1934.[3] Nomeado mestre de Sanguiñeda (Mos) en novembro de 1934.[4] Rematou o quinto ano do bacharelato universitario en 1935.[5] Colaborou no Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito e El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido. O seu irmán Víctor Valverde Mayo foi asasinado o 8 de agosto. Depurado, foi sancionado con traslado forzoso dentro da provincia.[6] Trasladárono a Novás (O Rosal) en novembro de 1940.[7] Revisado o seu expediente, resultou sancionado unicamente con inhabilitación,[8] e reintegróuse á escola de Sanguiñeda. Colaborou en El Noticiero Gallego. Foi o primeiro presidente do Círculo Recreativo Cultural do Porriño.[9] Deixou o maxisterio para administrar e dirixir as Serrerías Pampillón. Volveu á ensinanza e foi director do Colexio de Torneiro onde se xubilou en 1982.[10] Finou no Porriño o 17 de marzo de 2001.[11]

Vida persoal

Casou con Claudina Pampillón Rodríguez e foi pai de Ana María, Antonio, María Elena e Ángel Valverde Pampillón.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 19-9-1928, p. 13.
  2. Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, outubro 1933, p. 18.
  3. El Pueblo Gallego, 17-2-1934, p. 12.
  4. El Pueblo Gallego, 27-11-1934, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 28-6-1935, p. 10.
  6. El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 6-11-1940, p. 5.
  8. El Noticiero Gallego, 4-2-1942, p. 3.
  9. El Pueblo Gallego, 11-7-1956, p. 10.
  10. La Voz de Galicia, Pontevedra, 18-12-1982, p. 37.
  11. Faro de Vigo, 23-3-2002, p. 74.

Véxase tamén

Bibliografía