Antonio Valcárcel López de Lemos, nado en Ourense o 10 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 28 de marzo de 1963, foi un avogado e escritor galego.[1]
Traxectoria
Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística. Funcionario da Arrendataria de Tabacos. Dende o 1 de maio de 1914 encargouse da dirección de El Eco de Galicia da Coruña,[2] permanecendo no posto até o peche do xornal en 1916. Foi secretario da Cámara de Comercio da Coruña de 1916 a 1926. Elixido candidato a Cortes das Irmandades da Fala pola circunscrición da Coruña en 1918, finalmente retirouse a candidatura.[3] Durante o franquismo foi secretario do Consello Superior das Cámaras de comercio.
Obras
- Poesías, 1917
- O municipio galego, 1917.
- Cámaras de comercio, industria y navegación de España, 1962.
Vida persoal
Casou con Sofía Domínguez Fernández en 1915.
Casou con Josefina Iglesias Castro en 1939.
Recoñecementos
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Medalla de Ouro ao Mérito das Cámaras de Comercio.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 16-4-1963, p. 7.
- ↑ El Eco de Galicia, 1-5-1914, p. 1.
- ↑ Uxío Breogán Diéguez (2016) "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)" en As Irmandades da Fala (1916-1931) reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Laiovento, p. 92
Véxase tamén
Bibliografía