Antonio Rueda Muñiz

Modelo:BiografíaAntonio Rueda Muñiz
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
San Fernando, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Antonio Rueda Crespo Editar o valor en Wikidata

Antonio Rueda Muñiz, nado en Asturias en 1901 e finado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 27 de xullo de 1983, foi un enxeñeiro agrícola español.

Traxectoria

Fillo de Domingo Rueda Mesanza e Oliva Muñiz González. Estudou na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, rematando en 1931.[1] Ingresou no corpo de enxeñeiros agrícolas do Estado en 1933 e foi destinado á sección agronómica de Xaén,[2] e en xaneiro do ano seguinte ao Instituto de Reforma Agraria.[3] En xullo de 1936 era xefe do servizo provincial de Agricultura de Xaén. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado polo goberno da República Delegado do Ministerio de Agricultura para a presidencia da Xunta provincial de expropiación de propiedades rústicas da provincia de Xaén.[4] Partidario da entrega das propiedades ás sociedades de campesiños legalmente autorizadas, colaborou coas colectividades rurais. Continuou como xefe do servizo provincial de Agricultura até 1939. Foi investigado ao rematar a guerra. Foi presidente do Xerez Club Deportivo de 1949 a 1951. Foi enxeñeiro delegado do Servizo de Colonización de Pontevedra nos anos cincuenta e foi nomeado enxeñeiro xefe da Xefatura Agronómica de Pontevedra en febreiro de 1959.[5] Foi Delegado provincial de Pontevedra do Ministerio de Agricultura.[6] Foi fundador e primeiro presidente do grupo filatélico de Pontevedra.[7]

Recoñecementos

Encomenda ao Mérito Agrícola, 1962.[8]

Vida persoal

Casou con María de los Dolores Crespo Torres e foi pai de Cayetana, Jesús, Domingo, María Victoria, María José, Paloma e José Antonio Rueda Crespo.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 22-1-1931, p. 2.
  2. El Debate, 1-9-1933, p. 3.
  3. El Debate, 7-1-1934, p. 19.
  4. Gaceta de Madrid, 15-10-1936, p. 345.
  5. El Pueblo Gallego, 21-2-1959, p. 9.
  6. El Pueblo Gallego, 29-10-1968, p. 10.
  7. La Voz de Galicia, Pontevedra, 30-12-1986, p. 38.
  8. El Pueblo Gallego, 24-2-1962, p. 14.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Garrido-González, Luis (2019). "Reforma agraria y derechos laborales en la Segunda República Española (1931-1936)". En Ayuntamiento. Andújar. Anuario 2-2019 (PDF). Andújar. pp. 103–134. ISBN 84-505-7699-7. 

Ligazóns externas