Antonio Ramis y Ramis

Modelo:BiografíaAntonio Ramis y Ramis
Biografía
Nacemento29 de abril de 1771
Maó, Menorca.
Morte17 de febreiro de 1840 (68 anos)
Maó, Menorca.
País de nacionalidade Española.
EducaciónUniversidade Literaria de Mallorca.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, arqueoloxía, epigrafía e numismática.
Ocupaciónhistoriador, arqueólogo, avogado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Real Academia da Historia.
Academia Mallorquina de Literatura, Antigüidades e Belas Artes.
Sociedade Económica Mallorquina de Amigos do País.
Sociedade Maonesa.
Familia
PaisBartomeu Ramis Serra Editar o valor en Wikidata  e Catalina Ramis y Calafat. Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuan Ramis y Ramis.
Pedro Ramis y Ramis. Editar o valor en Wikidata

BNE: XX837221


Antonio Ramis y Ramis, nado en Maó, Menorca, o 29 de abril de 1771 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1840, foi un historiador, arqueólogo, numismático e avogado balear.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Antonio Ramis naceu en Maó en 1771, fillo máis novo dos cinco que tiveron os curmáns Catalina Ramis y Calafat e Bartomeu Ramis Serra, avogado, procedentes da vila de Inca. Entre os seus irmáns estaban o tamén xurista e historiador Juan Ramis (1746-1819) e o avogado e tradutor Pedro Ramis (1748-1816).[1][2][3]

Antonio Ramis formouse como xurista e acadou o doutoramento en Dereito Civil e Dereito Canónico na Universidade Literaria de Mallorca, o 31 de outubro de 1793.[1][2][3]

Traxectoria profesional e erudita

A súa actividade profesional estivo vinculada ao mundo da avogacía, seguindo a tradición familiar, e chegou a ser nomeado asesor da alcaldía o 24 de abril de 1802. Tamén foi académico correspondente da Real Academia da Historia (RAH), desde o 31 de decembro de 1819, socio correspondente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Mallorca na década de 1830, e membro da Sociedade de Anticuarios de Francia, así como da efémera Academia Mallorquina de Literatura, Antigüidades e Belas Artes, fundada por Joaquín María Bover, con quen mantivo unha estreita relación.[2][3][4][5]

Ramis concibiuse e valorouse adoito como o derradeiro representante do grupo de ilustrados menorquinos. No ámbito da historiografía, continuou a apostar polos ideais ilustrados e enciclopedistas burgueses da segunda metade do século XVIII e que, en Menorca, se materializaran de cheo na constitución e no funcionamento da Sociedade Maonesa. A súa obra está conformada pola publicación dunha vintena de traballos, desde artigos para o Diario de Menorca ata opúsculos sobre temas históricos, numismáticos ou epigráficos, entre os anos 1820 e 1839.[2][3]

A unión entre os irmáns fíxose máis estreita cando Antonio contraeu matrimonio cunha filla de Juan. E á morte de Juan en 1819, Antonio herdou todos os seus bens, o que lle concedeu unha desenvoltura económica como para se dedicar integramente aos seus estudos de carácter histórico.[6] Dalgún xeito, a súa obra foi, xa que logo, continuación da do seu irmán maior e, como aquel, dedicouse en exclusiva á historia de Menorca e moi ocasionalmente á doutras illas baleares.[3]

Morte e legado

Antonio Ramis morreu en Maó o 17 de febreiro de 1840, e recibiu post mortem o nomeamento como "Menorquino Ilustre", o 28 de decembro de 1866.[2][3][4][6]

O seu fondo persoal consérvase na Biblioteca Pública de Maó, onde se conservan catro tomos manuscritos, tres deles moi voluminosos, cunha ampla información recompilada sinaladamente dos arquivos da Real Gobernación e Real Patrimonio, entre outras fontes. En época recente, a editora Edicions Nura levou a cabo reedicións facsimilares dalgunhas das súas obras.[2]

Publicacións

Estes son algúns dos traballos máis significativos da traxectoria de Antonio Ramis y Ramis ao longo da súa traxectoria:[2][3][7]

Escolma de monografías

  • (1822). Inscripción copiada de una plancha de bronce que se encontró en 1821 en las cercanías de Constantina.
  • (1824). Noticia de las pestes de Menorca.
  • (1824). Descripción del monetario del difunto Dr. D. Juan Ramis y Ramis.
  • (1826-1838). Noticias relativas á la isla de Menorca (7 volumes).
  • (1828) Ensayo sobre algunas inscripciones y otros puntos de antigüedades.
  • (1830). Manifiesto que hace al público la ciudad de Mahón sobre ser la capital de Menorca.
  • (1832). Memoria sobre el Real Patrimonio de Menorca, y una moneda del Rey D. Alfonso relativa á ella, Idea del antiguo Directorio, ó Libro de los Bayles, y Almotacenes de la Isla, y Suplemento del Pariatje.
  • (1832). Fortificaciones antiguas de Menorca.
  • (1833). Inscripciones relativas á Menorca y noticias de varios documentos descubiertos en ella.
  • (1836). Ilustraciones á una inscripcion romana descubierta en la isla de Ibiza.
  • (1838). Observaciones que para rectificacion de los abusos se notan en la talla vecinal de Menorca propone A. R. y R.
  • (1839). Disertación sobre unas monedas atribuidas á la antigua Ebusus, hoy isla de Ibiza.

Notas

  1. 1,0 1,1 Bover, J. M. (1868). Páxina 219.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Antoni Ramis i Ramis". En Diccionari enciclopèdic d'historiografia catalana. Grup Enciclopèdia Catalana, Barcelona.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Maier Allende, J. "Antonio Ramis y Ramis". Real Academia de la Historia (RAH.es).
  4. 4,0 4,1 "Antoni Ramis i Ramis 1771-1840". Ajuntament de Maó (Ajmao.org).
  5. Bover, J. M. (1868). Páxinas 219-220.
  6. 6,0 6,1 Bover, J. M. (1868). Páxina 220.
  7. Bover, J. M. (1868). Páxinas 220-223.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bagur, J. (1999). “La protoantropologia de germans Ramis”. En Enciclopèdia de Menorca. Vol. XIV. Obra Cultural de Menorca, Maó. Páxina 24.
  • Bover, J. M. (1868). "Ramis (Antonio)". En Biblioteca de escritores baleares. Vol. II. Imprenta de Pedro José Gelabert, Palma. Páxinas 219-223
  • Murillo, A. (1989). “Antoni Ramis i Ramis. L’home, l’obra i l’època”. En Revista de Menorca. Páxinas 191-204.

Read other articles:

Линия 12 Парижский метрополитен Открытие первого участка 1910 год Длина, км 15,2 Количество станций 31 Максимальное число вагонов в составе поезда 5 Число вагонов в составе поезда 5 Интервал движения в часы «пик» 4-5 мин. Наземные участки нет Электродепо Ателье де Вожирар Ли

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Indestructible Rancid album – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2007) (Learn how and when to remove this template message) 2003 studio album by RancidIndestructibleStudio album by RancidReleasedAugust 19, 2003 (2003...

大塚ヴェガホール 画像をアップロード 情報通称 ヴェガホール収容人員 280人運営 大塚製薬(株)所在地 〒771-0182徳島県徳島市川内町平石夷野224-18位置 北緯34度7分16.1秒 東経134度35分12.3秒 / 北緯34.121139度 東経134.586750度 / 34.121139; 134.586750 (大塚ヴェガホール)座標: 北緯34度7分16.1秒 東経134度35分12.3秒 / 北緯34.121139度 東経134.586750度 / 34....

As referências deste artigo necessitam de formatação. Por favor, utilize fontes apropriadas contendo título, autor e data para que o verbete permaneça verificável. (Fevereiro de 2019) A tradução deste artigo está abaixo da qualidade média aceitável. Talvez tenha sido feita por um computador ou alguém que não conhece bem o português ou a língua original. Caso queira colaborar com a Wikipédia, tente encontrar a página original e melhore este verbete conforme o guia de traduçã...

Dieser Artikel behandelt die neue Kommune. Zur ehemaligen Kommune siehe Frederikshavn Kommune (1970–2006).  Frederikshavn Skagen Basisdaten Staat: Dänemark Region: Nordjylland Landesteil: Nordjylland Gebildet: 2007 ehem. Kommunen:(bis Ende 2006) Frederikshavn Kommune Skagen Kommune Sæby Kommune Amt (bis Ende 2006): Nordjyllands Amt Harden:(bis März 1970) Horns HerredDronninglund Herred Amt (bis 1970): Hjørring Amt Einwohner: 58.864 (2023[1]) Fläche: 650,20 km² (2014&...

Chinese historical record from 403 BC to 959 AD, published in 1084 Comprehensive Reflections to Aid in Governance Section from one of the original scrolls of the Zizhi TongjianAuthorSima Guang et al.Original title資治通鑑LanguageClassical ChineseSubjectHistory of ChinaPublication date1084Media typeScrollsOriginal text資治通鑑 at Chinese Wikisource Zizhi TongjianTraditional Chinese資治通鑑Simplified Chinese资治通鉴Literal meaningComprehensive Mirror in Aid of Gov...

20th and 21st-century Australian judge The HonourableMary GaudronKCMary Gaudron (left) with PM Julia Gillard, GG Quentin Bryce, AG Nicola Roxon in 2011Justice of the High Court of AustraliaIn office6 February 1987 – 31 January 2003Nominated byBob HawkeAppointed byNinian StephenPreceded byAnthony MasonSucceeded byDyson Heydon Personal detailsBornMary Genevieve Gaudron (1943-01-05) 5 January 1943 (age 80)Moree, New South WalesNationalityAustralianSpousesBen Nurse (sep.?)John Fog...

Bronze Age sites in Wales and southern England Cox Tor cairn - a platform of loose stones Yes Tor cairn Roos Tor cairn A tor cairn is a prehistoric cult site occurring in the British Isles, especially in Cornwall and Devon but also in Wales. It consists of a circular enclosure of stones or a platform of loose rocks surrounding a natural tor, sometimes encircled by a ditch. The diameter of the roughly 35 tor cairns ranges from 12 to over 30 metres and their height varies from 0.5 to 4.0 metres...

artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Artikel ini membutuhkan rujukan tambahan agar kualitasnya dapat dipastikan. Mohon bantu kami mengembangkan artikel ini dengan cara menambahkan ruj...

?Quercus phellos Охоронний статус Найменший ризик (МСОП 3.1) Біологічна класифікація Домен: Еукаріоти (Eukaryota) Царство: Рослини (Plantae) — Судинні (Tracheophyta) — Покритонасінні (Angiosperms) — Евдикоти (Eudicots) — Розиди (Rosids) Порядок: Букоцвіті (Fagales) Родина: Букові (Fagaceae) Рід: Дуб (Quercus) Вид: Q. phellos Бі

Canadian politician Joan CrockattMember of Parliamentfor Calgary CentreIn officeNovember 26, 2012 – October 19, 2015Preceded byLee RichardsonSucceeded byKent Hehr Personal detailsBorn (1955-12-05) December 5, 1955 (age 68)Lloydminster, Alberta, CanadaPolitical partyConservativeResidence(s)Calgary, AlbertaProfessionJournalist Joan Crockatt (born December 5, 1955) is a Canadian politician, who was elected to the House of Commons of Canada in a by-election on November 26, 2012.&#...

Suburb of Sydney, New South Wales, AustraliaRushcutters BaySydney, New South WalesRushcutters BayPopulation2,335 (SAL 2021)[1]Postcode(s)2011Elevation28 m (92 ft)Area0.2 km2 (0.1 sq mi)Location3 km (2 mi) east of Sydney CBDLGA(s)City of SydneyState electorate(s)SydneyFederal division(s)Wentworth Suburbs around Rushcutters Bay: Potts Point Elizabeth Bay Port Jackson Potts Point Rushcutters Bay Darling Point Darlinghurst Paddington Edgecliff Rushc...

Flying squadron of the Royal Air Force No. 7 Squadron RAFSquadron badgeActive 1 May 1914 (1914-05-01) – 8 August 1914 29 September 1914 – 31 December 1919 1 June 1923 – 8 April 1940 1 August 1940 – 1 January 1956 1 November 1956 – 30 September 1962 1 May 1970 – 5 January 1982 1 September 1982 – present[1] CountryUnited KingdomBranchRoyal Air ForceTypeFlying squadronRoleHelicopter heavy-lift supportPart ofJoint Special Forces Aviation WingHome stationR...

Indian costume fashion designer and entrepreneur Komal ShahaniBorn9 DecemberBombay, Maharashtra, IndiaNationalityIndianOccupation(s)fashion costume designer, celebrity stylistKnown forfashion designingSpouseAshish R. Mohan Profile photo Komal Shahani is an Indian fashion costume designer, who has worked in the Hindi, Tamil, and Telugu film industries for over a decade.[1][2][3] Career Komal Shahani began her career as a designer for Mischief Boutique soon after co...

A history book about the AK-47 rifle and its variants The Gun AuthorC. J. ChiversCountryUnited StatesLanguageEnglishGenreNon-fiction, military historyPublisherSimon & SchusterPublication dateOct 12, 2010[1]Pages496ISBN0-74327-07-6-2OCLC795609613Websitecjchivers.com/aboutthegun The Gun is a nonfiction book written by journalist C. J. Chivers about the AK-47 rifle and its variants, and the impact they have had on the world. It covers the origins of the design, its invention and dist...

مريم، والدة يسوعMary, Mother of Jesus (بالإنجليزية) ملصق الفلممعلومات عامةالتصنيف فيلم تلفزيوني الصنف الفني دراماتاريخ الصدور 1999مدة العرض 88 دقيقةاللغة الأصلية الإنجليزيةالبلد الولايات المتحدةموقع التصوير بودابست الطاقمالمخرج كيفين كونورالبطولة كريستيان بيلالديكور كيث ويلسون ...

The Massachusetts Senate is the upper house of the Massachusetts General Court, the bicameral state legislature of the Commonwealth of Massachusetts. The Senate comprises 40 elected members from 40 single-member senatorial districts in the state. Descended from the colonial legislature, the current Massachusetts Senate was established in June 1780 upon the adoption of the Massachusetts Constitution. The first General Court met in October 1780 and consisted of one-year elected terms for both h...

Belief that most or all the dead who have ever lived will be resurrected Resurrection of the dead redirects here. For other uses, see Resurrection from the dead (disambiguation). Part of a series onEschatology Buddhist Maitreya Three Ages Christian — Biblical texts — Book of RevelationBook of Daniel Olivet DiscourseSheep and Goats — Major figures — JesusTwo witnesses Four HorsemenAntichrist — Different views — PreterismIdealism HistoricismFuturism —...

American college football season 2021 Columbia Lions footballConferenceIvy LeagueRecord7–3 (4–3 Ivy)Head coachAl Bagnoli (6th season)Offensive coordinatorMark Fabish (7th season)Defensive coordinatorPaul Ferraro (6th season)Home stadiumRobert K. Kraft Field at Lawrence A. Wien Stadium(capacity: 17,000)Seasons← 20192022 → 2021 Ivy League football standings vte Conf Overall Team   W   L     W   L   No. 20 Dartmouth + &#...

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: R. Darmadi – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Raden DarmadiBupati Blitar Ke-9Masa jabatan1945–1947PendahuluR. SamadikoenPenggantiR. SoenarjoMasa jabatan1950–1956PendahuluR. Soena...