Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Posse.
Vicente Antonio Posse Roybanes, nado en Betanzos en 1753 e finado na Coruña en 1809, foi un médico galego.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico titular en Pontedeume e no Hospital de San Antonio de Padua de Betanzos, e pasou a ser médico titular na Coruña. Nesta cidade coñeceu en 1803 a Francisco Xavier Balmis, que estaba a organizar a Real Expedición Filantrópica da Vacina e con quen colaborou nos preparativos. En 1805 iniciou na Coruña por mandato do Capitán Xeneral a inocuación antivariólica. A partir de 1806 procurou estender a toda Galicia o primeiro plan da vacina da varíola. Foi o iniciador da vacinación en Galicia e o primeiro autor dun documento sobre política de vacinas e saúde pública[1].
En 1804 Posse enviou á Xunta de Sanidade unha comunicación sobre a intoxicación duns veciños por comer mexillóns. Esta comunicación foi redescuberta en 2012 e considérase a descrición máis antiga do mundo dunha intoxicación por algas nocivas do que dende os anos 1980 se chama mareas vermellas[2].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas