Antonio Martín Puentes Rivera, coñecido como "Max", nado en Vigo o 20 de marzo de 1974, é director, supervisor de animación e animador 3D. En 2010 estaba á fronte do departamento de animación de Bren Entertainment, estudo de animación pertencente ao grupo Filmax, unha das factorias de animación máis importantes e recoñecidas tanto dentro como fóra do Estado español. Recibiu o premio Goya ou Premio Anual da Academia a mellor película de animación en catro ocasións.
Dende 1991 é tamén guitarrista da banda Skacha, unha banda de punk-rock viguesa.
Obra
- Pérez 2, el ratoncito de tus sueños. (2008). Codirector de Animación 3D.
- Donkey Xote. (2007). Animador 3D.
- Nocturna. (2007). Animador 3D.
- Pérez, el ratoncito de tus sueños. (2006). Animador 3D.
- Gisaku. (2005). Animador 3D.
- Pinocho 3000. (2004). Animador 3D.
- El Cid, La Leyenda. (2003). Animador 3D.
Véxase tamén
Ligazóns externas