Antonio Guitián García, nado en Monforte de Lemos e finado na mesma cidade en xullo de 1897[1], foi un militar e político galego.
Traxectoria
Tenente coronel co Corpo de Enxeñeiros. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte nas eleccións de 1879, que disputou fronte a Manuel Rodríguez Castro, eleccións que foron anuladas, volveu ser elixido na elección parcial de 9 de maio de 1880 e novamente nas eleccións de 1884.
Era irmán do tamén deputado José Guitián García e tío do que foi alcalde de Monforte de Lemos (1887-1890), Luis Pérez Guitián.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas