O 8 de marzo de 2003, Antonio Gregorio converteuse no primeiro administrador da Galipedia[3], o proxecto da Wikipedia en galego. Foi Gregorio tamén quen empregou por primeira vez o termo "galipedia" para referirse ao proxecto en galego. Desde entón, ten ocupado distintos postos na administración da Galipedia, e desenvolvido obradoiros e conferencias sobre Wikipedia.
Obra
A temperie ribadense no 2020 (e un complemento), 2021[4]. Esta obra é un anuario meteorolóxico que leva editando o autor desde 2012[5].