Antonio Fontenla Ramil, nado na Coruña en 1943, é un empresario galego. Foi presidente da Confederación de Empresarios de Galicia dende o ano 2001 ata o 2013, ao ser reelixido dúas veces.[1]. Tamén é o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña.
Traxectoria
Estudou Arquitectura Técnica en Madrid e fíxose empresario da construción, participando na dirección e presidencia de diferentes empresas inmobiliarias e de enerxías renovables.
Foi o máximo responsábel de Construcciones Fontenla até 2004, cando os seus irmáns decidiron desaloxalo da presidencia.[2]
Notas